Unha parella de activistas engaiólase para apoiar aos ecoloxistas que liberaron visóns

Unha parella de activistas que defenden os dereitos dos animais engaiolouse este luns na praza de Sant Jaume de Barcelona en apoio dos tres ecoloxistas detidos acusados de liberar 20.000 visóns dunha granxa en Galicia, que xa foron postos en liberdade con cargos a semana pasada

Vestidos con dous monos de cor laranxa -como os que levan os presos de Guantánamo-, coas mans esposadas e as bocas tapadas con cinta, os dous activistas "engaiolados" acompañados por unha quincena de persoas encerráronse sobre as 12.00 horas e esperan estar na praza polo menos ata as 18.00 horas.

A pesar da posta en liberdade dos tres detidos, os promotores deste acto decidiron mantelo, xa que o proceso xudicial mantense aberto, e en solidariedade ademais con eles polo tempo que pasaron en prisión, explicou Marc Coloma, portavoz da entidade Unidos contra a represión.

Ademais, para o vindeiro sábado 23 de xullo hai convocadas novas mobilizacións en distintas cidades europeas e americanas.

Comentarios