Unha persoa ferida grave nun accidente en Oleiros

En Melón, un motorista resulta ferido ao sufrir un sinistro na A-52

Unha colisión entre un coche e unha moto, rexistrada no termo coruñés de Oleiros, saldouse cunha persoa ferida de gravidade.

O sinistro produciuse ao redor das once da noite de onte no quilómetro 5 da AC-12.

O 112 Galicia tivo constancia a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias, e segundo a información facilitada, a vítima foi trasladada á UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertou do ocorrido aos bombeiros de Arteixo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Tamén en Melón (Ourense), un motorista resultou ferido ao sufrir un accidente na autovía A-52, en concreto, no quilómetro 262, en sentido Vigo.

Aínda que ata o lugar foi mobilizado un helicóptero, a vítima finalmente foi evacuada en ambulancia ata un centro hospitalario.

Comentarios