Unha persoa resulta ferida nunha colisión en Moaña

O accidente produciuse no carril de acceso á AP-9, desde Domaio

Unha colisión na que se viron implicados tres vehículos deixa unha persoa ferida en Moaña. En concreto, o sinistro tivo lugar no carril de acceso á AP-9, desde Domaio. 

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 23.00 horas deste xoves para indicar que a súa filla acababa de sufrir un accidente. Acto seguido, o persoal da central de urxencias informou a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios desprazáronse ao momento para asistir á persoa ferida.

Comentarios