Unha colisión múltiple en Vimianzo sáldase con tres feridos

Un choque entre catro vehículos na tarde deste martes en Vimianzo saldouse con tres feridos. Segundo informou o 112, ningunha das persoas implicadas no sinistro quedou atrapada.

O accidente tivo lugar na estrada que une Vimianzo e Cee, concretamente no punto quilométrico 68. O 112 Galicia recibiu a alerta por parte dun particular ás 18.05 horas.

Tras a alerta, pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee e a Protección Civil de Vimianzo. 

Comentarios