Unha cruel tatuaxe sobre Maddie McCann ponse de moda en Magaluf

Turistas ebrios solicitan un debuxo con dúas campás e un corazón acompañados dun texto que di: "Eu roubei a Madeleine McCann"
El tatuaje de la polémica
photo_camera El tatuaje de la polémica

A información recóllea o diario La Vangardia tras xurdir a indignación nas redes sociais. E é que resulta que se puxo de moda en Magaluf unha cruel tatuaxe que fai alusión á desaparición da pequena Madeleine McCann. Ao parecer, son turistas ebrios os que demandan este deseño que mostra dúas campás, un corazón e un texto que di: "Eu roubei a Madeleine McCann". "Hai moitos británicos que nos piden que lles tatuemos verdadeiras tolemias. Nós facémolo aínda que sexa unha mensaxe ofensiva, é o noso traballo", declaraba recentemente sobre o caso un tatuador a un medio británico.

O caso é que, máis aló da bebedeira, moitos dos tatuados consideran algo divertido mostrar nas redes o terrible debuxo sobre a súa pel. 

Comentarios