Unha deflagración causa feridas a un veciño de Caldas de Reis

A vítima, residente na parroquia de Saiar, que sufriu queimaduras de prognóstico grave e foi trasladado á Unidade de Queimados do Hospital Juan Canalejo

Un home que vive no lugar da Gándara, situado na parroquia de Saiar (Caldas de Reis), foi trasladado nun helicóptero ata a Unidade de Queimados do Hospital Juan Canalejo, da Coruña, logo de sufrir queimaduras de prognóstico grave cando se atopaba na súa vivenda.

O suceso é produciu este martes, pouco antes das 19.00 horas e, segundo indicou o Servizo 112, produciuse cando prendeu lume nunha cuadra na que, previamente, arroxara gasolina, coa finalidade de eliminar unha praga de pulgas.

No operativo participaron os médicos da PAC de Caldas de Reis. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da alerta do persoal do Punto de Atención Continuada de Caldas. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Valga, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil.

Unha vez no lugar, a Policía Local confirmou que a cuadra non se viu afectada, polo que a actuación dos medios foi anulada.

Comentarios