Unha saída de vía deixa dous feridos en Vila de Cruces

O accidente produciuse no lugar de Sobradelo

Dúas persoas resultaron feridas este domingo tras sufrir un accidente de tráfico en Vila de Cruces. Os feitos producíronse ao redor das 10.00 horas na EP-6405, no lugar de Sobradelo. O vehículo envorcou logo de saírse da vía.

Foi un dos ocupantes quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que el e a súa muller saísen polos seus propios medios do turismo pero se atopaban mal. 

Desde o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. Informouse tamén á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Deza, GES de Lalín e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces. 

Comentarios