miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

Valga volve presumir das mellores augardentes

VALGA. Con frío ou con calor, a augardente é o mellor. Podería ser o eslogan -sempre aderezado cunha advertencia de consumo responsable, non vaia ser- da Mostra da Caña de Valga, que o pasado sábado celebrou a súa vixésimo terceira edición presumindo dos mellores licores da comarca.

Dende as dez e media da mañá os mestres cañeiros de Valga por excelencia, Fermín e Tucho, fixeron unha demostración do destilado da augardente en pota e alquitara. Contaron coa colaboración dos cañeiros de Vedra e dos requicheiros de Portomarín (Lugo), que repetiron presenza na festa despois de debutar o ano pasado.

A mediodía degustáronse cócteles de caña despois da entrega dos premios ás mellores augardentes presentadas ao concurso convocado polo Concello. José Manuel Rodríguez Cerneira, veciño de Valga, foi o gañador nas categorías de herbas e tostada, secundado, respectivamente, por Andrés Castro Santos e Lorena Blanco Mos. Na modalidade de caña branca venceu Isabel Pardal Miguéns, tamén valguesa. En segundo lugar quedou Carmen Bermúdez Navia.

Así mesmo, os licores da terra foron saboreados polos políticos que se achegaron ao parque Irmáns Dios Mosquera. O alcalde, José María Bello Maneiro, estivo acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entre outros. Non faltou o empresario.

A programación completouse con dúas novidades exitosas, o I Encontro de Palilleiras de Valga e a I Festa da Vespa e Motos Antigas, mentres que o actor Federico Pérez (Josito en Padre Casares e Moncho en Era Visto, as dúas da TVG) ensalzou as virtudes da caña no seu pregón.

Valga volve presumir das mellores augardentes
comentarios