Vecinos de San Salvador denuncian problemas no servizo de Correos

Varios residentes na avenida dos Coirados advirten de que durante os últimos días recibiron, por erro, cartas que corresponden a outros destinatarios
Vista general de la avenida de Os Coirados, en la parroquia de San Salvador
photo_camera Vista general de la avenida de Os Coirados, en la parroquia de San Salvador

Cartas que chegan con máis atraso do previsto ou que son entregadas a destinatarios equivocados son algúns dos problemas que denuncian veciños da parroquia de San Salvador. Os afectados esixen a Correos que tome medidas para pór punto e final a unha situación que, segundo eles, repetiuse en varias ocasións ao longo dos últimos meses, coincidindo coa ausencia do carteiro que habitualmente se encarga da repartición das misivas nesta localidade.

Unha residente na avenida dos Coirados advirte de que non é a primeira vez que os propios veciños son os encargados de facer entrega das cartas aos seus destinatarios. "Non é agradable que calquera poida abrir cartas que van ao teu nome, sobre todo cando poden conter información confidencial ou datos relacionados con movementos bancarios", explica a moza, que engade que "non sabemos se o carteiro desta zona está de baixa ou de vacacións, pero cando non está sempre sucede algo así". A afectada explica que este feito vén producindo de forma habitual desde principios da pasada semana.

Esta afirmación é corroborada por integrantes da Asociación de Veciños de Lourido que, aínda que non teñen constancia de que ultimamente se rexistraron queixas similares neste lugar, confirman que "durante ou verán houbo veciños que recibiron varias cartas que estaban a nome doutras persoas".

Algúns afectados mostran a súa sorpresa por este feito, máxime cando a maioría das misivas contan cos remitentes correctos. "O erro prodúcese cando se efectúa a entrega, pero non entendemos por que", sinala a veciña da avenida dos Coirados.

ANTIGAS QUEIXAS. Este tipo de denuncias non son novas en Poio. Hai uns anos un grupo de veciños de de Campelo e Lourido mostraron o seu malestar polo funcionamento da oficina de Correos de San Xoán. Segundo apuntaban entón os afectados, en ocasións a correspondencia permanecía durante máis dun mes no almacén das instalacións, o que provocaba que as misivas chegasen ás súas destinararios con moito atraso.

Este feito provocou, por exemplo, que un veciño ao que lle fose cortada a liña telefónica por non pagar unha factura que non lle foi entregada a tempo.

Comentarios