Este venres ascenderán lixeiramente as temperaturas en Galicia

Mapas del tiempo de Galicia para este viernes. METEOGALICIA
photo_camera Mapas del tiempo de Galicia para este viernes. METEOGALICIA

Este venres Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Fisterra que deixará un réxime de ventos do sur con entrada de aire cálido.

Os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos, e as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará compoñente sur, frouxo en xeral, moderado no interior. Non se descartan refachos moi fortes en zonas altas do sueste pola tarde.

Temperaturas
 

Comentarios