Segundo día de verán: ceos despexados e temperaturas sen grandes cambios

Este venres Galicia seguirá baixo a influencia anticiclónica, con aire cálido en superficie e con aire frío nas capas altas da atmosfera. Ante esta situación, amencerá con ceo despexado en xeral e con intervalos de nubes baixas no norte. 

Co avance da tarde espérase a formación de nubes de evolución que deixarán chuvascos de tipo tormentoso máis probables na metade sur da Comunidade galega. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte moderado no litoral e na metade norte e frouxo variable no sur. 

Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Deste xeito, as máximas subirán ata os 35 graos en Ourense e as mínimas descenderán ata os 16 en Lugo. 

Comentarios