Panxoliñas e pianistas no Museo de Pontevedra

Dous concertos musicais de face ao fin de semana anunciou o Museo de Pontevedra. O primeiro terá lugar o venres 9 de xaneiro e será a tradicional ‘Despedida da panxoliña'. O segundo, ao día seguinte, estará protagonizado polos premiados do IX Concurso Peninsular de Piano do Real Club Náutico de Vigo.

 

Desde fai 51 anos, o Museo Provincial vén organizando unha actuación de música culta e popular do Nadal para pechar as datas festivas. Este ano será o venres 9 de xaneiro, na igrexa parroquial de San Bartolomé (20.30 horas; entrada de balde) e correrá a cargo do coro dos ex-cantores do Instituto de Pontevedra, dirixidos por José Camiño Montero, segundo informou a Deputación Provincial.

 

A agrupación ofrecerá un programa de música de Nadal, integrado por composicións como  'Lle message deas anges', tradicional francés; ‘Non a debemos durmir', do Cancioneiro de Upsala; ‘Jesus Christ is born', espiritual negro; ‘Deitadiño está nas pallas', tradicional portugués; e 'Adeste fideles', popular do século XVIII.

 

Por outra banda, para o sábado 10 de xaneiro, o Museo organizou un concerto de Premiados do XI Concurso Peninsular de Piano do Real Club Náutico de Vigo. A actuación terá lugar no edificio Fernández López (20 horas, entrada libre).

 

A actuación estará dividida en dous partes. Na primeira tocarán os galardoados co

premio honorífico da categoría infantil: Bárbara Dias Luís, Joan Grudikov Grudev, María Perez Fernández, Ani Poghosyan, Nuno Miguel Vale Ventura de Sousa; e o primeiro premio da categoría xuvenil, Francisco Freire Reis. A segunda parte correrá a cargo do primeiro premio da categoría senior, Ramón Grau Perales.

Comentarios