sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Xoves de inestabilidade en Galicia: o sol da mañá dará paso a chuvascos pola tarde

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia
Os termómetros en Pontevedra oscilarán entre os 9 e os 23 graos

Este xoves un embolsamento de aire frío en capas altas situado ao oeste de Portugal deixará inestabilidade atmosférica sobre Galicia. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvascos de tipo intermitente, localmente treboentos. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, o vento soprará frouxo, de dirección variable, rolando a nordés co transcurso do día.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán ata os 23 graos en Pontevedra, os 22º en Ourense, 21º en Vigo,  20º en Ferrol, 19º en Lugo e A Coruña e ata os 18º en Compostela.

En canto aos valores mínimos, os máis baixos rexistraraos a capital lucense, onde os termómetros marcarán os cinco graos, mentres que na cidade olívica non baixarán de once e na Boa Vila, dos nove.

Xoves de inestabilidade en Galicia: o sol da mañá dará paso a...
comentarios
ç