No 2019 o Porto retirou máis de 1.000 toneladas de residuos marítimos

O 76 % dos refugallos xerados, case 5.000 toneladas desde o 2013, son reciclados
Contenedores para residuos en las instalaciones del Puerto de Marín. CEDIDA
photo_camera Colectores para residuos nas instalacións do Porto de Marín. CEDIDA

O Porto de Marín continúa apostando pola sustentabilidade e a reciclaxe dos residuos marítimos. Durante o ano 2019, a Autoridade Portuaria, as instalacións frigoríficas e os departamentos de exportadores, entre outros, colleitaron un total de 1.056.652 quilogramos de residuos. A cifra, suma ata 4.970.910 quilos de lixo retirada de forma selectiva desde o ano 2013.

Entre os factores que determinan os bos resultados atópase a consolidación da recollida selectiva entre Autoridade Portuaria e a empresa Servizos Portuarios Cantodarea. Tamén se destaca o incremento da concienciación dos usuarios á hora de tratar os residuos.

Un 76 % restante do total dos refugallos recollidos en 2019 unha vez descartados os residuos sólidos urbanos e asimilables, foi tratado para a súa reciclaxe grazas á separación que se realizou na súa orixe. Estes sistemas de xestión foron en aumento entre as instalacións de toda a comunidade portuaria nos últimos anos e converteron ao Porto marinense nun referente na xestión ambiental de todos os refugallos relacionados con actividades marítimas e portuarias.

O papel e o cartón é a fracción de residuos que máis refugallos xerou durante o ano pasado cun total de 345 toneladas recolleitas, seguido de cerca polos plásticos, que produciron ata 255 toneladas. A cifra complétase cos restos de redes, os burlóns, a madeira, o poliexpan ou o vidro.

Durante o 2019, a autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra retirou das augas mariñas un total de de preto de 25.000 quilos de lixo mariño

O Porto de Marín leva anos traballando na implementación de programas de xestión de residuos respectuosos co Medio. Dentro destas iniciativas atópanse os barcos pesqueiros que participaron nos proxectos 'Nada pola borda' e 'Pesca sostible en caladoiros limpos' (Pescal). Entre a actividade que continúan realizando atópase a retirada, caracterización e traslado ao compactador do lixo mariño que se atopa no mar.

Doutra banda, en colaboración coa Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín, Opromar, e a empresa Casercan, a Autoridade Portuaria traballa tamén na caracterización e posta en valor dos residuos mariños a través de iniciativas como o 'ML Style' ou a 'Repesca Plas'.

O responsable de Seguridade e Sustentabilidade do Porto de Marín, Benito, mantivo unha reunión recentemente cos socios do Repesac Plus na illa do Ferro para presentar as conclusións do proxecto Repesca Plas 2 e dar comezo á nova fase, a Repesca Plas 3.

LIXO MARIÑO. Durante o 2019, a autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra retirou das augas mariñas un total de de preto de 25.000 quilos de lixo mariño. Entre estes refugallos atópanse plásticos, latas, restos de redes, pneumáticos, restos de roupa ou madeira. Esta recollida realizouse a través do proxecto Repesca Plas 2, que comeza en breves a súa terceira fase e que conta co apoio, a través do Programa Preamar, da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A cifra alcanzada este ano supera en 5.000 quilos á obtida durante o 2018, cando o total de lixo mariño roldou os 20.000 quilos. Ademais, desde a súa posta en marcha no ano 2014, recuperáronse un total de 90.000 quilos de restos do mar.

Comentarios