O acusado de intentar matar á súa parella en Cangas nega os feitos

Asegura que foi a muller  a que o atacou a el cun cúter e que se lesionou na cara cando el trataba de detela
Juicio por el intento de homicidio. POOL CAPOTILLO
photo_camera Xuízo polo intento de homicidio. POOL CAPOTILLO

A Sección Cuarta da Audiencia pontevedresa acolleu este xoves a vista oral contra un cangués acusado de intentar matar á súa parella no domicilio que compartían a comezos de 2019. O procesado, que está desde entón en prisión, negou os feitos, sinalando que foi a muller a que o atacou a el con cun cúter e que se lesionou na cara cando el trataba de detela.

Sobre a segunda ferida que presentaba a vítima, neste caso no costado, o acusado declarou que puido terse producido cando ambos caeron ao chan e ela seguía agarrando o cúter.

A versión da vítima que defendeu a fiscal e a acusación particular apuntan a que o individuo esperou á muller no dormitorio para atacala coa arma branca. Sostén que intentou cortarlle o pescozo e, ao non logralo, cortouna na cara e despois no costado antes de fuxir. O acusado foi detido horas máis tarde en Xinzo de Limia, aparvado tras o sucedido.

A fiscal mantivo a petición de prisión de 14 anos por tentativa de asasinato, elevando ademais a 60.000 euros a indemnización para a vítima en caso de condena.

Comentarios