O acusado de introducir 22 quilos de cocaína polo porto de Marín nega os feitos

O empresario enfróntase a nove anos de cárcere
Vista del Puerto de Marín. GONZALO GARCÍA
photo_camera Vista do porto de Marín. GONZALO GARCÍA

A Audiencia de Pontevedra acolle este martes o xuízo a un empresario arousán acusado de introducir 22 quilos de cocaína nun colector polo porto de Marín. O procesado desvinculouse do alixo e dixo que só era o responsable da mercancía, dado que a droga estaba oculta nas portas metálicas do propio colector.

O investigado, que se enfronta a nove anos de cárcere, deixou entrever que a empresa exportadora colombiana e unha firma con sede en Bilbao e Valencia serían as responsables do cargamento. De forma inusual e con argumentos aparentemente sólidos, respondeu a todas as preguntas que lle formulou a fiscal. "Eu non quería o colector para nada, só a mercancía", engadiu.

A vista oral continúa á primeira hora da tarde cos testemuños dos axentes que levaron a cabo a investigación.