Aguete, a praia con máis incidencias en xuño

Os datos mensuais sobre atencións nas praias de Marín rexistran 542 intervencións, das que 136 son picaduras de faneca

Os datos recompilados polo Concello de Marín durante o mes de xullo sobre seguridade nas praias marinenses, que inclúen Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, desvelan un total de 542 atencións por parte dos socorristas. A praia de Aguete é a que máis incidentes rexistrou, cun total de 237. Séguenlle Mogor con 112; Loira con 91; Portocelo con 53 e O Santo con 49.

Entre as incidencias máis comúns destaca a picadura de faneca, con 136 casos, fronte aos 45 atendidos por picadas de avispa. As feridas son a máis habitual das alertas ocorridas, 
cun total de 178, aínda que todas elas de carácter menor. Nun marco de maior gravidade atendéronse nalgunha das zonas vixiadas un total de 17 traumatismos e seis escordaduras.

Doutra banda, contabilizáronse 40 avisos a embarcacións, 23 a pescadores e 56 pola presenza de cans nalgunha das praias.

INTERVENCIÓN. O incidente de máis gravidade produciuse o pasado 12 de xullo, cando un home sufría unha parada cardíaca mentres camiñaba pola beira da praia de Mogor. Un accidente que non terminou en traxedia grazas á rápida actuación dos equipos de salvamento da praia, que conseguiron reanimarlle antes de chegar a ambulancia.

Na praia de Mogor detectáronse tamén, ao longo do pasado mes, unha hipotermia, un golpe de calor e unha insolación. Estas atencións de maior gravidade non ocorreron en ningún outro areal, exceptuando un golpe de calor acontecida en Aguete o pasado 20 de xullo.

Desde o Concello de Marín destácase a gran cantidade de incidencias maiores que se produciron nas praias marinenses, tendo en conta a falta de bo tempo que sufriu o municipio durante o mes de xullo e que reduciron as xornadas de praia e a afluencia de bañistas. 

Comentarios