A Alameda de Marín convértese no epicentro da conciliación

No marco do programa "Abrandares en Acción. Violencia Zero", Sue Moreno reivindicou a traves da danza e de acrobacias o traballo das mulleres e a súa loita pola igualdade
Sue Moreno durante su actuación. DP
photo_camera Sue Moreno durante a súa actuación. DP

A Área de Igualdade da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Marín acolleu este xoves unha actuación pertencente á sexta edición de Mulleres en Acción. Violencia Zero. O proxecto artístico e conciliador reúne diferentes disciplinas cuxa finalidade é reivindicar a loita contra a violencia de xénero e visibilizar o talento das mulleres. A actuación desenvolvida pola artista Sue Moreno tivo lugar na Alameda de Marín ás 12.00 horas. A través da danza, de acrobacias e de canto, a acróbata denunciou a falta de conciliación na sociedade e as dificultades para compatibilizar o traballo e a maternidade por parte das mulleres.

O proxecto artístico desenvólvese dende o 2015 en 25 concellos diferentes, os cales altérnanse para recibir os espectáculos

A Comisaria do proxecto, Paula Cabaleiro, encargouse da presentación do acto: "Este programa percorre cada ano 25 concellos da provincia de Pontevedra para facer da arte, da cultura contemporánea, un berro contra a violencia machista". O Concello de Marín acolleu este programa en tres ocasións, enchendo de música e de danza a zona. Nesta ocasión, a artista Sue Moreno realizou un espectáculo conciliador combinando danza, canto e acrobacias aéreas.

A obra representada conta a historia real da actriz Sue Moreno. Nai de dúas nenas e artista, debe compatibilizar o traballo co coidado das pequenas, polo que decidiu facer do seu propio día a día unha actuación con dose de humor, pero centrada na conciliación. "Para min conciliación significa que todo se fíe dalgún xeito para que se nos facilite ás mulleres seguir mantendo as nosas profesións, poder coidar aos nenos con reducións de xornadas, con axudas...", expresou a actriz con esperanzas de que a súa obra sirva como reivindicación.

Comentarios