Arden en Bueu unha caravana e dous coches aparcados

Os primeiros indicios apuntan a que o lume se iniciou na autocaravana

Un incendio iniciado na noite deste sábado nunha autocaravana aparcada na contorna do pavillón de Bueu calcinou ese vehículo e dous coches que estaban estacionados cerca.

Atendendo á información facilitada pola Policía Local, o lume, que provocou chamas de grandes dimensións, non causou danos persoais.

O incendio estaba extinguido antes da unha da mañá, e os propietarios dos vehículos xa foron localizados.

Comentarios