domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Arde un coche e dúas mulleres resultan feridas nunha aparatosa colisión en Moaña

Una ambulancia del 061. ARCHIVO
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
O sinistro produciuse na AG-46, á altura de Domaio

Dúas mulleres resultaron feridas de diversa consideración este martes nunha colisión entre dous coches rexistrada no termo municipal de Moaña. Un dos vehículos acabou calcinado tras empezar a arder despois do golpe. 

Segundo informou o 112 Galicia, foi unha das persoas implicadas no sinistro quen chamou, pasadas as 11.30 horas deste martes, ao servizo de urxencias para informar de que dous vehículos chocaran no punto quilométrico 3 da estrada AG-46, en Domaio. 

Na comunicación, o particular solicitou asistencia médica para unha persoa, ao mesmo tempo que afirmou que un dos turismos comezou a arder. Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) avisaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Ademais, tamén foron alertados os Bombeiros de Vigo e persoal de mantemento da vía. 

Ao lugar o 061 desprazou dúas ambulancias de soporte vital básico que atenderon ás dúas mulleres, unha de 67 anos que recibiu a alta voluntaria no punto, e outra de 54 anos, M.A.M.R., que foi levada ao hospital vigués Fátima, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. 

Arde un coche e dúas mulleres resultan feridas nunha aparatosa...
comentarios
ç