O municipio bueués deu comezo este mércores, Día Internacional da Muller, ás Xornadas Gastronómicas en Feminino, unha iniciativa do Concello, a Asociación de Hostalería de Bueu e Fecimo, que pretende render homenaxe ás mulleres cociñeiras.
A campaña foi inaugurada da man da chef marinense Bea Sotelo, figura que inspira esta primeira edición, a través dunha mostra gastronómica no salón de plenos da Casa Consistorial.
No acto, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, fixo entrega a Sotelo dun agasallo consistente nunha figura da escritora galega Rosalía de Castro.
Ao abeiro destas xornadas, que forman parte da programación do 8-M do municipio, a hostalería local ofrecerá unha serie de tapas inspiradas na cociña de Sotelo ata o próximo domingo 12 de marzo.
#8M 🟣 Arrancan as Xornadas Gastronómicas en Feminino de Bueu
— Diario de Pontevedra (@Diario_Pontev) March 8, 2023
👉 A cociñeira marinense Bea Sotelo inaugurou este mércores a campaña coa elaboración de dúas tapas en directo no Concello https://t.co/cr5njGYrQa pic.twitter.com/KZjCBpD95c