O Ateneo Santa Cecilia suspende o Enterro dá Sardiña por segundo ano

A asociación solicitará ao Concello a colocación no Multiusos dunha mostra de elementos relacionados con esta celebración de Entroido
DAVID MARÍN. ENTROIDO. ENTERRO DA SARDIÑA. SAÍDA DA RÚA JAIME JANER. Pregón na Praza do Reloxo. Ao rematar despedida ao mar desde Praza de España, miércoles, 26 feb · 20:00–20:00
photo_camera Imaxe de aquivo dun momento do enterro da sardña de 2020. ADP

A Xunta directiva do Ateneo Santa Cecilia decidiu nunha reunión celebrada o pasado martes a suspensión do Enterro dá Sardiña. A decisión vén motivada polas "anulacións en fervenza e adiamento" das celebracións do Entroido deste ano así como polo obxectivo de evitar aglomeracións de persoas debido á situación epidemiolóxica que se está vivindo na localidade. Este é o segundo ano consecutivo no que o Ateneo decide suspender o Enterro.

Coa finalidade de manter as datas e a conmemoración deste acto tan destacado do Entroido marinense colocaranse nas principais zonas de Marín as bandeirolas anunciando o Enterro e a súa suspensión este ano.

O Ateneo, ademais, solicitará ao Concello de Marín a colocación na zona acristalada do Multiusos dunha exposición de diferentes elementos presentes no Enterro.

Un ano máis, para os escolares dos diferentes centros educativos de Marín, ata os 12 anos, convocarase o II Concurso de Debuxos do Enterro dá Sardiña con prazo de entrega ata o 25 de febreiro. En relación ao tradicional Concurso de Orellas e Filloas, o Ateneo está a estudar "a posible realización adoptando tódalas medidas de prevención»".

Comentarios