miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Aumenta o censo de cans en Marín tras a campaña 'Limpa o pisete'

undefined
A botella da campaña. CEDIDA

A campaña de entrega de botellas para limpar ouríños dos cans aumenta o censo de animais domésticos do municipio de Marín. A iniciativa, que se levou a cabo a pasada semana, tiña por obxectivo concienciar sobre a importancia de limpar os ouriños, así como recordar a obrigatoriedade de censar os cans.

En total, o Concello rexistrou 29 altas novas tras a campaña, na que se puxo a disposición dos propietarios que recolleron as súas botellas, a documentación necesaria para poder facelo, así como informarlles sobre o xeito de levalo a cabo online.

En canto aos botellos serigrafiados coa lema da campaña: Limpa o pisete nun periquete, entregáronse 227 aos propietarios dos cans censados do municipio.

A concelleira de Medio, Marián Sanmartín, cualificou a iniciativa como "un éxito, non só pola cantidade de veciños que participaron dela, senón polas novas altas que se conseguiron non censo de cans".

O obxectivo, destaca a edil, "é manter Marín limpo e consideramos que a campaña axuadará a incentivar este hábito". O Concello recorda a aqueles propietarios que non acudiron á entrega das botellas a semana pasada, que poden continuar facéndoo no Museo Manuel Torres, en horario de apertura.

Aumenta o censo de cans en Marín tras a campaña 'Limpa o pisete'
comentarios
ç