Avanzan os trámites para a concesión do antigo peirao

O expediente de solicitude por parte do Concello de Marín pasa a exposición pública
María Ramallo. DAVID FREIRE
photo_camera María Ramallo. DAVID FREIRE

Aos poucos, o proxecto de recuperación da antiga dársena de embarcacións de Marín, coñecido popularmente no municipio como cemiterio de chalanas, vai vendo á luz. Iso si, sen deixar de lado a polémica por mor da proxección dunhas piscinas de auga salgada na zona. Recentemente, un grupo de veciños reuníronse na zona para demandar a conservación do lugar para o seu uso inicial, de mantemento de pequenos pasos e como unha fiestra á tradición mariñeira da vila.

Días despois, o Boletín Oficial do Estado (BOE) acaba de facer pública a solicitude do Concello de Marín para a concesión administrativa na zona de servizo do Porto de Marín. O BOE específica que este lugar, o cemiterio de chalanas, situado na contorna do recentemente remodelado Paseo Alcalde Branco, destinarase a un uso náutico-deportivo.

O expediente de solicitude estará agora a disposición do público durante o prazo de vinte días hábiles para que todos aqueles interesados poidan examinar o expediente e presentar cantas alegacións estimen pertinentes relativas a devandita solicitude.

Con respecto ao proxecto, o Concello de Marín mellorará a lámina de auga e actuará nela para que o baño sexa adecuado. Ademais, levará a cabo a urbanización da contorna da dársena para poder unir todo o centro urbano cunha senda peonil e ciclista que chegue ata o viario de praias.

Comentarios