jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Unha avaría na rede deixa a máis de mil clientes sen luz no centro de Marín

Exterior do centro de saúde de Marín. GONZALO GARCÍA
Exterior do centro de saúde de Marín. GONZALO GARCÍA
Naturgy tivo que resolver a incidencia declarada á primeira hora da tarde e que chegou a afectar á PAC

Unha avaría no sistema eléctrico deixou este domingo a máis de mil abonados de Naturgy en Marín sen servizo durante varias horas.

Segundo fontes da empresa eléctrica, a incidencia detectouse ás 15.39 horas e afectou o centro da vila marinense deixando sen luz tamén a algúns espazos públicos sen servizo, un deles foi o centro de saúde marinense, que tivo que acender o xerador para manter a actividade do Punto de Atención Continuada.

CASE DÚAS HORAS. En xeral, segundo indicaron fontes da empresa, a reposición do servizo púidose realizar con facilidade, aínda que de modo paulatino, aínda que unha parte importante dos mil abonados afectados conseguiu ter de novo electricidade en pouco tempo, mentres que o resto fórono facendo por remesas ata que, ás 17.30 horas deuse por pechada a incidencia co cento por cento de clientes co servizo eléctrico en marcha

Algúns usuarios explicaron que no transcurso do primeiro tramo da tarde, coincidindo cos traballos de reparación por parte dos técnicos de Naturgy, producíronse novos apagamentos e caídas de tensión, aínda que todos eles puntuais co reestablecemento inmediato da luz.

Unha avaría na rede deixa a máis de mil clientes sen luz no centro...