O BNG de Marín insta o Goberno central a tomar medidas contra os "abusos bancarios"

Avogan por promover "campañas colectivas de reclamacións bancarias, información ás persoas consumidoras e estudos propios sobre a vulneración dos seus dereitos" 
Dinero en efectivo. EFE
photo_camera Diñeiro en efectivo. EFE

O BNG de Marín denuncia "abusos bancarios" contra os consumidores e unha deterioración do servizo financeiro en Galicia e pide ao Goberno que tome as medidas necesarias para evitalo. Os nacionalistas presentaron unha moción para instar o Goberno local a mediar coa Xunta e o Goberno central para modificar a regulación.

Nesta liña denuncian a existencia de restrición "de servizos, pacto de horarios para limitar os servizos de caixa, incremento de comisións e reducións drásticas de de oficinas e persoal". Por iso, piden ao Concello que inste o Goberno autonómico "a desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de consumo impulsando, ao abeiro do Instituto Galego de Consumo, campañas colectivas de reclamacións bancarias, información ás persoas consumidoras e estudos propios sobre a vulneración dos seus dereitos". 

Así mesmo, piden o apoio da Corporación Municipal coas reivindicacións dos traballadores do sector en defensa dos postos de traballo e mantemento dos servizos financeiros básicos en Galicia, así como dirixirse aos bancos de Marín para demandar o mantemento dos seus servizos.

Comentarios