viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Choca contra un farol en Aldán e deixa unha rúa sen subministración eléctrica

Unha ambulancia. ARQUIVO
Unha ambulancia. ARQUIVO
O sinistro ocorreu á 1.00 da madrugada

Un vehículo saíuse da vía en Cangas e, tras chocar contra outro coche estacionado, chocou cun farol, o que deixou parte da rúa sen subministración eléctrica.

Segundo informou este luns o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre a unha da pasada madrugada na estrada de Cangas a Bueu, ao seu paso pola parroquia de Aldán.

No interior do vehículo ían dúas persoas, as cales necesitaron asistencia médica. Ao lugar do sinistro acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do Servizo Local de Protección Civil. 

Choca contra un farol en Aldán e deixa unha rúa sen subministración...