Captan a loita a matar entre un polbo e unha gaivota na ría de Pontevedra

O vídeo fíxose viral ► Ambas as dúas especies son carnívoras 
El pulpo, sobre la gaviota.TWITTER
photo_camera El pulpo, sobre la gaviota.TWITTER

A natureza non deixa de sorprendernos con escenas tan fascinantes como a que captou un veciño de Bueu na ría de Pontevedra.

As imaxes, que xa se fixeron virales, captan a desesperada loita pola supervivencia entre un polbo e unha gaivota. E é que estas aves inclúen na súa dieta todo tipo de animais mariños, incluso cefalópodos, aos que sorprenden ao capturalos co seu pico para sacalos da auga e acabar engulíndoos en en terra firme. No entanto, na natureza salvaxe o perigo axexa tras o acto máis cotián e unha mala elección á hora do xantar pode resultar letal.

O polbo, que tamén é unha criatura carnívora. O exemplar do vídeo parece sorprender á gaivota ao agarrala pola cabeza, cuxo corpo flota inerte sobre a auga. Aínda que no documento non queda claro, é probable que o cefalópodo estivese a se alimentar o corpo da ave.

Os enfrontamentos entre estes dous animais non son moi frecuentes, aínda que en internet existen documentos que testemuñan outras loitas entre ambas as especies.

Comentarios