O Centro Terapéutico da Finca de Briz retomará de novo a súa actividade

Os grupos asistirán só un día á semana para ofrecer as máximas garantías de seguridade
Marián Sanmartín y José Manuel Fontenla, en las instalaciones de la Finca de Briz. CEDIDA
photo_camera Marián Sanmartín e José Manuel Fontenla, nas instalacións da Finca de Briz. CEDIDA

O Centro Terapéutico da Finca de Briz reabrirá as súas portas o vindeiro luns logo de ter que suspender a súa actividade pola pandemia da Covid-19. Iso si, cumprindo con todas as medidas. Por ese motivo, a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o presidente de Afapo, Jose Manuel Fontenla, visitaron este xoves de novo as instalacións nas que se celebran as sesións terapéuticas para os usuarios.

Tanto o Concello como a asociación coinciden na necesidade de que este servizo, "que é esencial", volva estar activo de forma presencial para os usuarios, tendo en conta o enorme beneficio que ten para eles no traballo da súa capacidade cognitiva.

Para poder retomar a actividade coas máximas garantías de seguridade decidiuse que o grupo que antes acudía dúas veces á semana se subdivida en dous grupos que irán unicamente un día á semana.

"En cada un destes grupos haberá sete usuarios, nun caso, e seis noutro, polo que non temos problema para manter as distancias na sala, que xa vimos de acondicionar para que vos usuarios poidan estar non centro de xeito seguro", asegurou Marián Sanmartín. Os grupos repartiranse en luns e mércores, cun horario de 10.00 a 13.00 horas.

Pola súa banda, o equipo de Afapo realizou de xeito telefónico un seguimento proactivo dos casos de maior vulnerabilidade, ofrecendo tamén un servizo de atención psicolóxica

"Ademais, deste xeito poderá ofrecerse unha atención máis personalizada", avanzou Sanmartín, que coincide con Afapo na elevada afectación que tivo para estas persoas toda a situación sanitaria pola Covid-19, especialmente na época do confinamento.

Durante a corentena os usuarios do Centro Terapéutico estiveron atendidos en todo momento de forma telemática. Desde a asociación, deseñaron actividades para que os usuarios puidesen realizar nos seus domicilios, cun material que fíxoselles chegar coa colaboración do Concello de Marín.

Pola súa banda, o equipo de Afapo realizou de xeito telefónico un seguimento proactivo dos casos de maior vulnerabilidade, ofrecendo tamén un servizo de atención psicolóxica ás familias nos casos que foi necesario.

Comentarios