Un chisco de sorte chega a Casa Quintela

O local repartiu un cuarto premio en dous décimos vendidos por máquina
Antonio Quintela con 'Maruja la Bruja Rockera', la mascota del local. DAVID FREIRE
photo_camera Antonio Quintela con 'Maruja la Bruja Rockera', la mascota del local. DAVID FREIRE

NON FOI CO Gordo, nin cunha cantidade desorbitada, pero aínda así a sorte quixo asomarse timidamente no restaurante Casa Quintela, en Bueu, que este mércores, pasadas as once da mañá, recibía unha chamada de Madrid que lle notificaba que un cuarto premio, correspondente co número 42833, repartiuse no seu establecemento, que precisamente este ano celebrou o seu centenario.

"Tivo que ser con strong<> dous décimos que saíron de máquina, pero non estamos seguros de cantos foros", explica Antonio Quintela, propietario do establecemento con sistema mixto de venda, que tampouco soubo dicir quen fora o ou os afortunados.

Ver máis: El Gordo salpica ás oficinas de Froiz

"Unha das opcións que temos é que fose alguén no verán, xa que por aquí pasa moitísima xente nesa época", comenta Quintela, que non negou que "preferise que lle tocase a alguén de Bueu". O certo é que Casa Quintela é un dos restaurantes máis frecuentados da localidade budetense durante a época estival polos turistas, polo que "é moi difícil saber a quen lle puido tocar".

A pesar de repartir pouca cantidade deste cuarto premio, o propietario mostrouse moi ilusionado. "Mellor repartir iso que non repartir nada, sobre todo tal e como están as cousas agora", expresa.

A Lotería de Nadal xa sorriu a Bueu noutras ocasións durante os últimos anos. De feito, fíxoo en 2016 tamén en casa Quintela. Naquela ocasión repartira un quinto premio a unha pena do municipio. En 2018, a recompensa foi maior, xa que El Gordo aterrou na localidade con dous billetes do número 03347 vendidos en Librería Abrente.

Comentarios