Cen anos de cociña e familia en casa Quintela

O coñecido restaurante celebra este domingo os seus 100 anos de vida cun acto cheo de música e no que amigos e familia serán os principais protagonistas â?? O local, rexentado actualmente por Antonio Quintela e a súa muller, ten as súas raíces en Santa Cruz de Arrabalde e Feá
undefined
photo_camera Fotografía antiga da historia de Casa Quintela. CEDIDAS

CASA Quintela é dos poucos locais de Bueu, e incluso da provincia de Pontevedra, que poden presumir de chegar ao centenario. E é que a pesar de vivir guerras e incluso agora unha pandemia, Casa Quintela nunca pechou as súas portas.

A historia deste centenario establecemento, situado no número 24 da rúa Eduardo Vicenti de Bueu, remóntase a 1921 na provincia de Ourense, concretamente nas parroquias de Feá e Santa Cruz de Arrabalde: "Os meus avós vivían alí e cando se coñeceron decidiron fundar Casa Quintela. En 1926 trasladáronse xa para Bueu", explica Antonio Quintela, da terceira xeración da familia e actual propietario do restaurante xunto á súa muller Ana Nantes.

undefined

Antes de Eduardo Vicenti, este local con raíces ourensás tivo diferentes localizacións na localidade de Bueu, a primeira delas en Petís. Posteriormente trasladouse a outro local próximo ao actual e en 1932 finalmente instalouse no número 24, onde agora se atopan.

Antonio conta que Casa Quintela non sempre foi un restaurante: "A palabra de restaurante soaba moi afastada por aquel entón, era máis como unha casa de comidas. Tamén cando nos trasladamos onde estamos agora tiñamos un pequeno hostal na planta de arriba, pero nos anos 90 deixamos de dar ese servizo".

Foi nese momento cando Antonio púxose á fronte do negocio familiar, aínda que o mesmo explica que "eu practicamente nacín coa bandexa na man. Sempre tiñamos que botar unha man, tanto eu como os meus irmáns".

Por iso, o feito de estar desde moi pequeno "detrás" da barra de Casa Quitenla, permitiulle a Antonio ver pasar a moita xente, incluso a grandes personalidades.

Tamén os seus avós e os seus pais, anteriores propietarios, xa que 100 anos de vida dan para moito. "Acórdome perfectamente que a miña avoa e o meu pai contáronme que Adolfo Suárez, cando era un novo avogado de Madrid, hospedouse aquí no 1969, se non me equivoco. Tamén estivo aquí Virgilio Zapatero, que viña moito a veranear a Bueu", relata o budetense.

Con respecto á esencia de Casa Quintela, a pesar de pasar 100 anos, Antonio di que iso sempre o imos a manter". A carta actual continua mantendo os 'Pratos de avoa', que son "os que sempre se fixeron en casa, os de toda a vida".

undefined

Con todo, o propietario explica que "é moi importante innovar e buscar novas fórmulas para non quedar no"pasado , que en casa Quintela é posible grazas ao traballo de Cristina Quintela, da cuarta xeración da familia.

"As cousas novas da carta corren ao cargo da miña sobriña, que estudou hostalería en Santiago e é a que se encarga de darlle o toque moderno á carta", conta Antonio, que cre que a súa sobriña será a que nun futuro quedará á fronte do restaurante para continuar a saga familiar.

Tras toda unha vida en Casa Quintela, Antonio cre que o que máis lle marcou co paso do tempo foi ser testemuña do ciclo de vida das persoas: "Impactábame moito ver o ciclo de vida da xente, de persoas que levaban toda a vida vindo aquí e eu recordábaos. é o que se cadra máis che acaba queimando logo de pasar tanto tempo".

Mañá, o local celebrará un aniversario digno dun centenario. Ademais dun picoteo informal, Casa Quintela contará cun pouco de música e intentará que os amigos, clientes habituais e familia sentan os protagonistas.

Comentarios