Citroën elixe o Porto de Marín para presentar a súa nova furgoneta Berlingo

O concesario Dalonga terá ata este venres instalado un estand nas proximidades da lonxa da rada

Responsables del concesionario Dalonga, este jueves, junto a José Bentio Suárez Costa. CEDIDA¨(Citroën)
photo_camera Responsables do concesionario Dalonga, este xoves, xunto a José Bentio Suárez Costa. CEDIDA

O concesionario Citroën Dalonga en Pontevedra e Vilagarcía, e Talleres Bagalones de Marín, escolleron o Porto marinense para realizar unha demostración da súa nova Berlingo, unha furgoneta polivalente integramente fabricada na planta de PSA en Vigo.

A elección do Porto está motivada pola cantidade de usuarios particulares e empresas que poderían estar interesados neste modelo, tanto como vehículo de traballo como para fins lúdicos. Ademais, a rada marinense é un importante nodo loxístico para o sector da automoción, a través de tráficos como o de pezas de coches ou o de bobinas de chapa de aceiro, que chegan á vila por mar desde diferentes puntos de Europa para a súa distribución a toda a Península a través do servizo de ferrocarril.

O Porto afianza así o seu papel como enlace loxístico do sector da automoción no sur de Galicia, máis aló do tráfico de peza

O presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, achegouse este xoves pola mañá á carpa instalada no Porto para interesarse pola marcha da presentación deste novo vehículo. O estand de Citroën estará ata este venres situado na contorna da lonxa marinense, no centro do porto pesqueiro.

Comentarios