O Club Golfiños homenaxea a unha familia de mulleres adicada á poxa do peixe

Este ano o recoñecemento será para a familia das Xulianas
Exterior de la lonja de Bueu. A.S. (ADP)
photo_camera Exterior da lonxa de Bueu. A.S./ADP

A Asociación Club Golfiños de Bueu realiza dende hai catro anos unha homenaxe na que pon de relevancia o labor dunha muller na vila mariñeira de Bueu con motivo do Día Internacional da Muller ou 8 de marzo.

Nesta ocasión, o seu Bueuesa Senlleira no canto de homenaxear unha muller á que poder facerlle as honras fisicamente, galardoará a unha familia enteira de mulleres que, dende 1860 ata 2001, desempeñou un oficio restrinxido tradicionalmente ao sexo feminino: a poxa do peixe.

Deste modo, a agrupación renderá homenaxe este ano a familia das Xulianas, encabezando a lista con Xuliana Conde, unha marinense fincada en Bueu que deu comezo a tradición, seguida da súa filla Concepción López, a súa neta María Dopazo e Luísa Agulla, poxadoras profesionais, ás que se suman tamén Manuela Dopazo e Lela Dopazo polo "seu traballo invisíbel do fogar, contribuíron a fortalecer a unidade familiar durante o cru franquismo, que imposibilitaba a independencia feminina". 

TRADICIÓN. Todas elas desempeñaron a profesión durante décadas pasando os seus coñecementos ás súas fillas e prolongando a tradición entre as mulleres de toda a familia, explican dende o club.

A traxectoria de todas elas poñerase en valor como cada ano a través da súa terceira publicación anual, Aña. Fanzine de (deas)identidades femininas de Bueu. 

"Este ano conta con maior número de colaboradoras e colaboradores, polo que a publicación será máis grosa ca nunca", explican dende o club e, ademais, este ano estrea páxina da Wikipedia, na que se poderá consultar a historia detrás desta publicación que inclúe a biografía dás homenaxeadas, recomendacións para os lectores, contribucións divulgativas, achegas literarias e pasatempos.

Comentarios