sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

O Concello de Marín achegará 880.000 euros de fondos propios á obra do Auditorio

Imagen de cómo será la zona del vestíbulo del futuro auditorio de Marín. DP
Imaxe de como será a zona do vestíbulo do futuro auditorio de Marín. DP
A construción do equipamento sociocultural suporá finalmente un investimento total de 4.308.000 euros

O Concello de Marín realizará unha achega económica con cargo aos fondos propios de preto de 881.000 euros para a construción do futuro Auditorio. Esta cantidade foi presentada este luns polo edil de Facenda, Manuel Santos, durante a celebración dun Pleno extraordinario, no que se aprobou a solicitude de préstamo para o seu financiamento, así como o Orzamento municipal de forma definitiva.

Durante a sesión, Santos expuxo que o custo total do Auditorio será de 4.308.000 euros, unha cantidade algo superior á inicialmente prevista, xa que se aplicaron unha serie de melloras no proxecto do edificio sociocultural, como a calidade da cuberta da fachada. Coa súa construción tamén se incluirán tarefas de urbanización que afectará unicamente á zona limítrofe da infraestrutura. O resto da zona da Praza de España será tamén reordenada, pero con outro proxecto diferente, polo que non entrará dentro desta partida orzamentaria.

O Goberno local solicitará un préstamo para o financiamento dos traballos

Do total, preto de 881.000 serán achegados polos fondos municipais, para o que se solicitará o contrato dun préstamo bancario que terá un prazo de 10 anos, tal e como se aprobou de forma unánime no Pleno celebrado este luns co voto favorable de todos os partidos da Corporación.

A pesar do voto a favor do grupo municipal de PSOE, o seu portavoz, Manuel Pazos, quixo advertir de que o Concello de Marín "está chegando a unha situación económica que vai a ser complicada. Estamos reducindo a un ritmo moi elevado os remanentes e estamos a aumentar o endebedamento a un ritmo tamén moi elevado. A liquidez do Concello atópase moi comprometida. Dende o noso grupo vemos que se están achegando nubes".

En resposta a esta intervención, o edil Manuel Santos fixo fincapé en que no Goberno local "as cousas no eido económico, alomenos ata o de agora, fixéronse bastante ben". Santos, ademais, asegurou que se están xestionando "recursos limitados, que se destinan a proxectos moi útiles e necesarios para a cidadanía", polo que puntualizou que esta operación de endebedamento é "necesaria para executar este proxecto tan importante para os nosos veciños, moi demandando durante moitos anos".

O proxecto do edificio contará cunha serie de melloras, como unha urbanización que afectará á zona limítrofe

Con respecto ao groso do investimento do Auditorio, unha parte procede de fondos europeos da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea e da que se destinarán 1.427.653 euros para o Auditorio. Por outra banda, a Xunta de Galicia achegará dous millóns de euros.

O próximo Pleno ordinario, que será o 14 de outubro, incorporará como punto a aprobación definitiva do proxecto e dos pregos, para poder continuar avanzando no traxecto burocrático de cara á licitación das obras.

O Concello de Marín achegará 880.000 euros de fondos propios á obra...
comentarios
ç