O Concello de Bueu celebrará este ano un "Nadal Sostible"

O obxectivo é concienciar sobre o medio ambiente a través das diferentes actividades
Imaxe de arquivo de actividades de Nadal en Bueu. ADP
photo_camera Imaxe de arquivo de actividades de Nadal en Bueu. ADP

O Concello de Bueu presentou este xoves a programación navideña para este ano, que está deseñada baixo o nome de "Nadal Sostible", no que se ensamblarán actividades para todos os públicos cun punto en común: a sostibilidade e a conciencia sobre o medio ambiente. Este fin de semana celebraránse os primeiros actos do programa. O Centro Social do Mar acollerá dous concertos musicais: o de corais "Xa chega o Nadal", organizado pola Coral Polifónica de Bueu, e que se celebrará o mañá ás 20.00 horas, e o do Gospel Vida, que terá lugar o domingo ás 18.00. Previamente, e co obxectivo de ir preparando as rúas do casco urbano, anímase a toda a cidadanía a colaborar na decoración das árbores que o Concello instalará en cada intersección de rúas, hoxe a partir das 18.30 horas.

RECICLAXE. Para promover a convivencia interxeracional organízanse uns obradoiros sostibles que se celebrarán polas mañás na carpa do exterior do Centro Social do Mar, concretamente os días 21 e 27 de decembro e 3 e 4 de xaneiro a partir das 11.30 horas. Neles confeccionaranse adornos relacionados con estas datas con produtos reciclados, baixo a máxima "Reduce - Reutiliza - Recicla". Outra das actividades estrela e novidosas deste Nadal serán os talleres de repostería "Lambenadal", que terán lugar no 1º andar da Praza de Abastos o 23, 26 e 28 de decembro ás 11.00 horas.

Por outra parte, a hostalería tamén será protagonista a través das "Cantadas de Nadal", que levarán música tabernaria polos locais do centro urbano o 22 de decembro a e polos do barrio da Banda do Río o 29. Ademáis. Entre o comercio local o Concello está repartindo uns vales desconto que o comercio local repartirá entre os clientes para que poidan gozar das dúas atraccións da Praza Massó.

O Concello organizará uns obradoiros sostibles nos que se confeccionarán adornos navideños con produtos reciclados

VISITAS. Os máis pequenos tamén se convertiran nos protagonistas coas visitas máis esperadas do ano. Da man da Deputación de Pontevedra, o Apalpador baixará das montañas para visitar ás nenas e nenos. O acto, que terá lugar o 23 de decembro ás 12.00 horas na contorna do Centro Social do Mar inclúe un percorrido pola tradición propia e pequenos fragmentos lúdicos para concienciar sobre o coidado do medio e a alimentación saudable.

A seguinte visita será o 24 de decembro cando chegará Papa Noel a partir das 17.00 horas á entrada do Centro Social do Mar. E, por último, o 5 de xaneiro está programado un recibimento cos Reis Magos que chegarán ás 12.00 horas ao peirao nas embarcacións tradicionais da Asociación Os Galos. Pola tarde, en torno ás 18.00 sairá a Cabalgada do Estaleiro da Banda do Río.

Por outra parte, para rematar o ano o Concello realizará dous eventos. O 31 de decembro terá lugar unha festa infantil a prol das ANPAS da vila, que se celebrará na carpa exterior do Centro Social do Mar. E para o público adulto, ese día a partir da unha da madrugada, verbena coa orquestra local Distrito 7.

Comentarios