O concello de Marín dedicará o Premio Liberación ás ONG

O acto de celebración terá lugar o día 4 de abril ás 13.00 horas 
Itziar Álvarez y Manuel Torres. DP
photo_camera Itziar Álvarez e Manuel Torres. DP

O Premio Liberación deste ano será outorgado ás asociacións sen ánimo de lucro da localidade marinense, como son a Asociación Española contra o Cancro (AECC), Asociación de Acción Solidaria Sor Elvira, Asociación Amor en Acción (Amenac), Asociación Benéfica de axuda ao necesitado Sos, Cáritas Diocesana Marín, Cáritas Diocesana Santomé, Voluntarias da Caridade e San Vicente de Paúl Comedor Benéfico.

Así o anunciou a edil Itziar Álvarez nunha visita, acompañada polo presidente da Asociación Ademar, Manuel Torres, ao cubo colocado polo Concello na Alameda Rosalía de Castro en homenaxe a Gago de Mendoza polo Día da Liberación de Marín, que conmemora a súa xesta e as Alarmas do Morrazo. Neste elemento reprodúcense diversas escenas do cómic que se elaborou explicando a historia do heroe marinense.

A celebración deste día será de novo diferente á tradicional debido ás restricións sanitarias pola covid-19. O próximo día 4 de abril, ás 13.00 horas, celebrarase un pequeno acto contando con todas as medidas de seguridade recomendadas, onde un intérprete do grupo Os Chaneiros tocará o himno galego. O ano pasado, o Concello subiu ás redes sociais un vídeo explicativo da historia de Gago de Mendoza.

Comentarios