Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

"Se non conseguimos que se cre un refuxio para gatos, plantámonos"

Dous dos gatos rescatados. CEDIDA
Dous dos gatos rescatados. CEDIDA

 A protectora de Marín di basta e pedirá ao Concello que se faga cargo dos gastos
 

"Neste momento estamos ata arriba". Así de taxativo móstrase María, unha das integrantes da directiva da protectora ‘Respecta, rescata, protexe e adopta' de Marín, que lanza un desesperado SOS ante unha situación que tacha de insostible.

En toda a época estival recolleron a friorenta de 45 cachorros de gato abandonados na vila marinense, Poio e Moaña. O principal problema que teñen é que, ao non ter refuxio, deben recorrer á boa vontade das casas de acollida, que son moi poucas. "Eu mesma teño 14 gatos na miña casa e outra compañeira miña está igual".

Por iso, logo de reunirse a directiva, decidiron solicitar unha reunión co Concello de Marín, que previsiblemente se celebrará a finais deste mes, na que porán sobre a mesa unha esixencia irrenunciable: a construción dun refuxio para os animais que se rescatan. "Se non o conseguimos, plantámonos", asegura María, que afirma que é necesario que os concellos poñan máis do seu parte para facer fronte ás ondas de abandonos que se producen durante o ano. "Ademais, as adopcións están moi paradas", agrega.

María recorda que a nova Lei de Benestar Animal que puxo en marcha a Xunta de Galicia obriga aos gobernos locais a facerse cargo dos gastos que carrexa recoller a un animal da rúa. "Nós non podemos seguir endebedándonos", explica. Esta reivindicación tamén lla trasladarán á concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín.

Aínda que pedirán todas estas medidas a Marín, recoñecen o éxito que está a ter o Plan CES, de esterilización dos gatos de colonias, que financia o Concello. Desde a súa posta en funcionamento, puideron castrar a 17 femias. Peor está a situación noutros municipios, "como Poio e Cangas", que non contan con ningún tipo de dispositivo nin protectora para facerse cargo dos abandonos. Poio, por exemplo, delegalles os casos a elas ou a Difusión Felina, en Pontevedra. "Non pode ser", sentenza.

"Se non conseguimos que se cre un refuxio para gatos, plantámonos"
Comentarios