Continúa a violencia en Cantodarea: "Prepárache. Vou matar ao teu fillo"

Os veciños de Cruceiros e A Fonte denuncian novas agresións físicas no barrio, as últimas o pasado mércores a unha muller que acabou no centro de saúde con hematomas
Vecinos de Cantodarea, ayer, delante de la Casa Consistorial.
photo_camera Veciños de Cantodarea, este venres, diante da Casa Consistorial. APP

Non poden máis. "Queremos xustiza", reclamaban este venres os veciños de Cantodarea xusto unha semana despois de que este mesmo periódico recollese as súas denuncias en relación á situación que están a vivir en Cruceiros e A polas continuas agresións físicas e verbais dunha familia conflitiva que reside no barrio desde hai dous anos.

Varios dos veciños afectados reuníronse de novo onte, nesta ocasión diante do Concello "por medo ás represalias a facelo diante das nosas casas", por mor dunha nova agresión física o pasado mércores a unha veciña que acabou no centro de saúde da localidade con varios hematomas. "Aparecéronme na porta de casa, romperon o cristal e entraron. Empezaron a golpearme e a insultarme", relata María Eugenia Veiga, a veciña agredida. Esta situación deuse despois de que esta familia conflitiva decatásese de que había cámaras da TVG recollendo as denuncias dos veciños pola problemática.

A agresión continuou posteriormente no ambulatorio, á que a afectada tivo que ir escoltada pola Policía Nacional. "Cando estaba na sala de espera apareceron eles e dixéronme: Prepárache. Imos matar ao teu fillo".

Uns meses atrás, as familias de María Eugenia xa fora agredida, concretamente o seu marido Alberto González e o seu fillo menor de idade, que por mor deste acoso está a acudir a tratamento psicolóxico. "Non podemos máis. Teño medo a volver a casa logo de traballar porque saio á unha ou dúas da mañá e non teño forma de volver a casa sen pasar por diante da súa", conta a afectada, que está de baixa laboral por mor da agresión.

Fartos xa desta situación e tras varias semanas insistindo para "ser escoitados polas autoridades", foron recibidos onte pola mañá polo edil Francisco Estévez, acompañado polo xefe da Policía Local en Marín. Neste encontro explicaron aos veciños cales foron as actuacións policiais levadas a cabo ata o momento, así como o reforzo da vixilancia e control. Estas accións están a coordinarse por parte tanto da Policía Local como da Nacional.

Pola súa banda, tras este encontro, os veciños manifestaron sentirse "aínda máis abatidos que cando entramos", xa que "non nos deron ningunha solución a curto prazo". Nesta liña, a avogada dunha das familias afectadas por esta situación explicou a este medio que a solución que tería que achegar o concello sería "un labor de mediación a través de Servizos Sociais. Teñen que mediar para volver a unha convivencia pacífica e reconducila polo ben da comunidade".

Quen tamén se quixo pronunciar ante esta situación foi grupo municipal do PSOE, que lle esiximos a María Ramallo que actúe dunha vez por todas con todos os medios, tanto xurídicos, como policiais, como de mediación que ten o Concello".

O portavoz socialista na localidade, Manuel Pazos, manifestou que "levamos anos insistindo en plenos e comisións sobre a problemática veciñal que existe en Cantodarea". Ao seu xuízo, Pazos cre que "non pode ser que os veciños vivan con medo no seu propio barrio e que cando acoden ao Concello sentan totalmente desamparados e dándolle constantemente longas".