Detectados 13 positivos entre as 8.500 probas efectuadas nos cribados de Marín

Ao test de saliva voluntarios acudiu un 67% da poboación invitada a participar
Javi MARÍN. (( 10:30 TAMBIEN AGN )) Cribado de detección de covid desde las 10.00 hasta las 19.30 horas. A las 10.30 horas va a estar por allí el delegado territorial de la Xunta en Pontevedra, Luis López. En el aparcamiento de la Praza de España, junto la Escuela Naval.
photo_camera Cribado en Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os cribados poboacionais con test de saliva efectuados a semana pasada en Marín permitiron detectar 13 positivos por coronavirus.

Estas probas voluntarias tiveron lugar nun punto habilitado entre a Escola Naval e o porto entre os días 23 e 27 de febreiro.

O cribado estaba dirixido a persoas de entre 30 e 65 anos, unha franxa de idade na que se atopan 12.763 veciños do municipio. Deles, acudiron a realizar o test 8.538 cidadáns, un 67% dos convocados.

Tanto os 13 positivos como outros 53 casos nos que non se puido procesar mostra por volume insuficente ou viscosidad excesiva serán citados para realizar unha PCR.

Comentarios