Interceptado un condutor tras unha espectacular persecución por Beluso

Os axentes déronlle o alto pero o home fixo caso omiso e tratou de fuxir
photo_camera Persecución policial en Beluso. VÍDEO CEDIDO

A Garda Civil detivo este xoves a un condutor na parroquia budetense de Beluso logo dunha espectacular persecución polo paseo da praia.

Segundo informaron as autoridades, os axentes lle deron o alto ao home, que fixo caso omiso dos seus sinais e iniciou unha fuxida que chamou a atención dos veciños da zona.

Finalmente, os gardas civís acabaron detendo ao condutor no lugar da Ramorta, na estrada do cemiterio de Bueu.

Algunhas fontes explicaron que o home ten o carné de conducir retirado, aínda que este detalle non foi confirmado polos axentes.