Detida unha veciña de Pontevedra como presunta autora dun roubo

▶  A muller estaría acusada dun delito de hurto polo roubo dun bolso con diñeiro
Billetes de euro. EP
photo_camera Billetes de euro. EP

Unha muller de 30 anos, veciña de Pontevedra foi detida acusada como presunta autora dun delito de hurto polo roubo dun bolso con diñeiro en efectivo de distintas divisas.

Os feitos ocorreron o pasado 22 de xullo cando unha muller denunciou ante a Policía Local de Marín que se olvidara o seu bolso nun bar. Tras as investigacións identificouse a esta muller como presunta autora do roubo e o diñeiro foi devolto á súa propietaria.

Comentarios