Detido por conducir en dirección contraria en Cangas e cuadruplicar a taxa de alcoholemia

A Policía Local de Cangas detivo a mañá do domingo a un veciño da localidade por conducir en dirección contraria e cuadruplicando a taxa de alcoholemia permitida. O home, de 46 anos de idade, comparecerá este martes nun xuízo rápido. 

Os axentes interceptaron tamén ese mesmo día, durante a madrugada, a outro condutor que circulaba en estado de embriaguez no estacionamento deAltamira. Un coche deuse á fuga neste mesmo lugar.