Detido por vender droga na noite de San Xoán en Marín

Os axentes do operativo de control organizado pola festa realizaron seis propostas de sanción por tenza ou consumo de substancias estupefacientes na vía pública

A Policía Nacional detivo en Marín un home acusado de tráfico de drogas nun operativo que se desenvolveu durante a noite de San Xoán. 

Atendendo á información proporcionada polo corpo, a detención foi practicada por integrantes do grupo de seguridade cidadá, que participaban no operativo de control con motivo das festas de San Xoán. Nel efectuáronse seis propostas de sanción por tenza ou consumo de substancias estupefacientes na vía pública. 

Ao detido incautáronselle 16 envoltorios de cocaína, disposta para a súa venda, unha pequena cantidade de MDMA (éxtase) e un fragmento de haxix.