viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Efectos especiais made in Bueu lánzanse á carreira polos premios Goya 2022

Traballo de Cormorán na serie 'Tres Caminos', de Amazon Prime. CEDIDA
Traballo de Cormorán na serie 'Tres Caminos', de Amazon Prime. CEDIDA
A empresa Cormorán VFX recibiu dúas candidaturas para as estatuillas polo seu traballo en dous filmes

Con apenas un ano de vida ás costas, a pequena empresa de efectos visuais Cormorán VFX, ponse á lista de candidatos aos nomeamentos dos premios Goya. Os efectos creados para os filmes Cuñados e ¿Qué hicimos mal? valéronlle un posto entre os preto de 80 mellores traballos neste campo pola carreira á estatuilla do próximo ano.

O buenense Pablo Lamosa é a persoa detrás de Cormorán, un proxecto da pandemia motivado polo seu desexo de regresar á súa localidade de orixe. O balance do seu primeiro ano é máis que positivo, "non esperaba ter tanto traballo, estamos sen parar desde que empezamos en outubro do ano pasado", explica o especialista. "Moi esperanzados de cara ao futuro" e, aínda que todavía non se plantea a ampliación da empresa, recoñece atoparse "no límite" de levalo a cabo, á espera de ver como se desenvolve o próximo ano.

MÉRITO. A candidatura de Lamosa pasará agora a unha rolda de votación entre os académicos. "Isto non é un premio, pero estar aí co resto de supervisores de todo o Estado e cos seus proxectos, xa é meritorio e importante para mostrar o noso traballo", explica o buenense.

Un traballo invisible para o espectador
Os traballos realizados en ambas películas son, na súa maioría, "efectos invisibles", un apartado do sector no que Cormorán especializouse e que permite traballar en "que todo quede perfecto" con borrados, integración de pantallas..., necesarios para garantir o resultado final.

Proxectos
Aínda que a maioría de futuros proxectos son secretos, entre os seus últimos traballos se atopan os efectos visuais da última tempada da serie Auga Seca para HBO ou Tres Caminos, ademais de varios títulos de cine de autor.

Efectos especiais made in Bueu lánzanse á carreira polos premios...
comentarios