Estrela de Marín incrementa nun 20% a contía dos vales regalo

A acción súmase á campaña que porá en marcha conxuntamente con Fecimo, con 15.000 euros en premios
Presentación de la campaña. DP
photo_camera Presentación da campaña. DP

O Centro Comercial Aberto (CCA) Estrela de Marín súmase á campaña Este Nadal, Apoiemos O Noso, que puxo en marcha o Concello. Con esta finalidade, incrementará nun 20% a contía dos 100 vales agasallo de 50 euros, que serán sorteados entre os compradores. Aqueles que resulten afortunados, para beneficiarse do incremento deberán utilizar o seu cartón en calquera dos establecementos asociados.

Deste xeito, unha vez recollan os seus cartóns-regalo, os días 20 e 21 de xaneiro, deberán desprazarse ata a súa sede, onde lle entregarán un vale de dez euros.

O xerente de Estrela de Marín Yonathan Carreira, recomenda aos participantes que fotocopien os tickets que deben introducir na caixa de correos, xa que son imprescindibles en caso de devolución ou cambio, ademais de servir como garantía do comprado.

Esta acción súmase á campaña de Nadal que porá en marcha conxuntamente con Fecimo e dará comezo o 7 de decembro. Ambas as entidades porán circulación 15.000 euros en premios para incentivar as vendas.

Comentarios