Evacuada de madrugada unha muller tras sufrir unha caída en Ons

Precipitouse accidentalmente desde un noiro. Foi trasladada ao Hospital de Montecelo
La Salvamar Mirach participó en el operativo. ARCHIVO
photo_camera A Salvamar Mirach, nunha imaxe de arquivo.

Unha muller necesitou a asitencia dos servizos de urxencia na madrugada deste domingo logo de sufrir unha caída na Illa de Ons. A ferida foi evacuada nunha embarcación de Salvamento Marítimo ata o porto de Bueu, onde a esperaba unha ambulancia do equipo sanitario de urxencias.

Finalmente, a muller foi trasladada ao Hospital Montecelo.

A chamada de alerta á central do 112 Galicia foi efectuada preto da unha da madrugada por un axente forestal da illa. Durante a comunicación cos xestores do 112, o axente informou que a muller caera dun noiro e que necesitaba asistencia sanitaria especializada para avaliar a súa situación.

Enseguida, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros de Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Nun principio, os equipos de intervención expuxeron a posibilidade de mobilizar ao helicóptero de rescate, pero esta opción quedou descartada ao comprobar que as condicións climáticas eran desfavorables para o desprazamento da aeronave.

Deste xeito, a embarcación Salvamar Mirach, de Salvamento Marítimo, efectuou o traslado da ferida ata o peirao de Bueu co fin de facilitar a súa posterior evacuación ao centro médico.

Comentarios