A exención de tributos para a hostalería deberá solicitarse a través da sede da Xunta

O Concello xa anunciara a exención do canon da auga e do coeficiente de vertedura para a hostalería
Algunos clientes en Marín. ALDARA PAZ
photo_camera Algunos clientes en Marín. ALDARA PAZ

A crise sanitaria supuxo un importante golpe económico, especialmente para determinados sectores, como a hostalería. Por iso, o Concello de Marín anunciou xa en pleno confinamento, e a medida que se ían anunciando peches de actividade, que os establecementos de restauración que se viran afectados poderían adherirse á exención do canon da auga e do coeficiente de vertedura. De cara a poder adherirse a esta exención, de novo reactivada desde o último peche, será preciso realizar unha solicitude.

Esta medida económica está dirixida a aqueles establecementos que viran reducida significativamente a súa actividade no período que comprende dende o 5 de novembro e ata que dure a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego, efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.

Neste período, os consumos realizados deben ser iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación anterior ao 5 de novembro de 2020. Este requisito poderá ser comprobado polo Concello de Marín e por Augas de Galicia.

No caso dos negocios que teñan contador de auga, será suficiente con cubrir o modelo AU231C que se atopa na sede electrónica da Xunta de Galicia. Pero se o negocio non ten contador, terá que cubrir unha declaración responsable da diminución da actividade.

Comentarios