Fabiola García destaca o traballo da Fundación Juan XXIII no centro especial de emprego do Lago de Castiñeiras

A Fundación puxo en marcha un proxecto que implica a 55 traballadores con discapacidade
Fabiola García. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Fabiola García no Lago Castiñeiras, onde realiza o seu labor o alumnado do centro especial de emprego da Fundación Juan XXIII . XUNTA DE GALICIA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acudiu este luns ao Lago de Castiñeiras, no municipio de Marín, onde realiza o seu labor o alumnado do centro especial de emprego da Fundación Juan XXIII, cuxo traballo destacou. 

Fabiola García enxalzou "o poder transformador das persoas con discapacidade no camiño cara a unha sociedade mellor" e agradeceu a esta fundación a súa colaboración neste sentido. A conselleira recordou que o Goberno galego financia prazas de atención que esta entidade ten nos centros de día e ocupacionais de Cangas e Pontevedra que permiten que as persoas con discapacidade poidan ter un proxecto de vida, contar con máis autonomía e ter aspiracións persoais. Así mesmo, a Xunta tamén colabora na sustentabilidade das vivendas e pisos tutelados que teñen na cidade de Pontevedra e na construción da nova residencia que abrirán na capital. 

A Fundación Juan XXIII consegue manter o 90% de contratos indefinido

No Lago de Castiñeiras, e a través do proxecto Natura XXIII, esta fundación puxo en marcha un viveiro de árbores e plantas que da emprego a persoas con discapacidade. O director da Fundación Juan XXIII, Diego Chapela, explicou que neste proxecto de inserción laboral están implicados 15 técnicos e 55 son persoas con discapacidade. Un dos logros máis aplaudidos é que conseguen salvar a temporalidade dos seus postos de traballo e consolidar empregos, de modo que a día de hoxe o 90% dos contratos son indefinidos grazas a que compaxinan a tempada alta de coidado de xardíns co traballo no monte. 

O director da Fundación Xoán XXIII informou que cada ano se consolidan catro ou cinco novos postos de traballo. Neste sentido, teñen 10 persoas con contrato de formación e aprendizaxe por parte da Comunidade de Montes de San Xulián. Outro dos grandes empleadores é o Concello de Marín "son os primeiros que apostaron por nós" e por iso están "sumamente agradecidos". 

Diego Chapela, xunto a María del Carmen Puga e Antonio Jar, patróns da Fundación, dixeron que este é "un proxecto replicable, digno de ser exportado" e emprazaron á Xunta para que asuma este proxecto como unha liña de traballo. 

Comentarios