Falece o que fora alcalde de Moaña entre 2003 e 2011, Xosé Manuel Millán

"Toda unha vida comprometida co nacionalismo galego", indicou o BNG
Xosé Manuel Millán. ADP
photo_camera Xosé Manuel Millán. ADP

O que fora alcalde de Moaña entre 2003 e 2011, o nacionalista Xosé Manuel Millán, faleceu este xoves, tras "toda unha vida comprometida co nacionalismo galego"

Así o describe o BNG na súa conta de Twitter, na que informa o falecemento do que fora alcalde esta localidade pontevedresa. "Sempre na nosa memoria", reza a mensaxe en redes sociais. 

Ademais, o exalcalde e profesor de instituto, que faleceu aos 56 anos e é pai de dúas fillas, foi membro da corporación municipal entre 1999 e 2015. 

Comentarios