Un ferido nunha colisión entre unha moto e un coche en Bueu

O motorista foi evacuado nunha ambulancia do 061

 Un motorista resultou ferido despois de colosionar coa súa moto contra un coche en Bueu este martes pasadas as 14.00 horas. Ambos vehículos atopábanse no lugar de Ramorta, na baixada do cemiterio, cando tivo lugar o accidente, o que provocou a caída do conductor da moto, que se arrastrou uns metros polo chan.

Ata o lugar do suceso achegaronse os Bombeiros do Morrazo, a Policía local de Bueu e Protección Civil, así como unha ambulancia do 061 que tivo que levarse ao motorista.